Resumo da cultura castrexa

Dende a asociación de recreación histórica Tir Na n´Og, decidimos compartir o noso coñecemento sobre a historia da cultura castrexa e elaborar un pequeno resumo para que toda persoa que teña certo interese por este período histórico de Galicia, e non saiba por onde comezar, teña acceso a unha recompilación da bibliografía máis actualizada publicada ata o momento. Sobre este resumo, froito de moitas horas de lectura e outras tantas de redacción, queremos aclarar que nós non interpretamos a palabra dos distintos autores, senón que simplemente recompilamos a información publicada máis actualizada, citando en todo momento a fonte e cun apartado final de bibliografía, a cal recomendamos encarecidamente
ler e consultar se vos interesa este apaixonante período da nosa historia, posto que isto non deixa de ser un resumo introdutorio.

A descarga é totalmente de balde, xa que a finalidade deste proxecto foi sempre achegar ao maior número de xente posible o coñecemento da cultura castrexa. Por isto mesmo, este resumo irase actualizando conforme avance o coñecemento científico, para que sempre podades ter a man a información actualizada.

Agardamos que vos guste!